Saltar ao contido

Políticas de Servizo, Cancelación e Devolución

Solicitude

A nosa web ofrece ó usuario a posibilidade de solicitar de xeito 100% telemático a recollida ou envío inmediatos dun paquete ou material sempre que o enderezo de orixe e o de destino se atopen dentro da área correspondente ós códigos postais 15.001 a 15.011, incluidos estes.

Pra a realización de calquera outro tipo de servizo, por exemplo con orixe ou destino fóra da Coruña ou ben servizos 24/48/72 horas, o usuario pode indicarnos os detalles vía telefónica premendo o botón do teléfono ubicado ó pé (acarrea consumo de datos) e recibirá unha ligazón no correo electrónico que indique na chamada pra realizar o pagamento.

Esta solicitude realízase a través do botón “pide un mensaxeiro”, mediante o formulario de solicitude no que se insiren todos os datos precisos pra o servizo.

O servizo realizarase pra un único paquete ou material dunhas dimensiones recomendadas de 40x40x20 cm e dun peso non superior a 15 Kg. En todo o caso o paquete ou material debe poder ser transportado por unha persoa, a pé, sen axuda de ningún tipo de aparello ou maquinaria.

O usuario debe estar rexistrado na web pra poder realizar solicitudes de servizo e o horario permitido pra realizalas é 9:00 a 20:30 horas ininterrompidamente tódolos días hábiles no concello da Coruña.

Servizo

Cando un usuario realiza o pagamento a través da nosa web o servizo e os seus prazos e condicións entran en vigor e o usuario recibe un correo electrónico coa solicitude realizada e de confirmación do devandito pagamento.

Dende ese momento, Pide un Mensaxeiro comprométese na realización do servizo nun máximo de 2 horas a contar dende a confirmación, dentro das áreas postais da cidade da Coruña (códigos postais 15.001 a 15.011). Pra o resto de áreas de Galiza o prazo de realización do servizo é: dentro do mesmo día natural sempre que a solicitude se realice antes das 14:00 horas; as solicitudes posteriores a esa hora serán tratadas como solicitudes do día seguinte hábil, agás que Pide un Mensaxeiro, polas características momentáneas do seu servizo, poida realizar o servizo con maior celeridade, caso no que se lle comunicará ó usuario anticipadamente.

O usuario solicitante deberá asegurarse de que haberá persoas dispoñíbeis e coñecedoras do servizo nos dous puntos do mesmo, dentro do prazo indicado por Pide un Mensaxeiro. Calquera repetición de visita, tanto á orixe coma ó destino contará coma un servizo completo novo que o solicitante deberá aboar de novo se desexa a súa realización, atendendo ó exposto no seguinte apartado.
No caso de que non poidamos recoller o paquete na orixe ou este sexa recollido mais non poida ser entregado, en ámbolos dous casos por razóns alleas a Pide un Mensaxeiro, entenderase como servizo realizado.

Pagamento

Unha vez enviados os datos do servizo solicitado, procédese ó pagamento do mesmo con tarxeta bancaria. Este acto confirma a aceptación das condicións e prazos do servizo e do servizo mesmo por parte do usuario solicitante.

No caso de que Pide un Mensaxeiro precise realizar repeticións de visitas a orixes ou destinos segundo o exposto no apartado anterior, o usuario solicitante deberá realizar o pagamento con tarxeta ó mensaxeiro en persoa no punto de orixe ou no de destino do sobrecusto do/s servizo/s precisos pra a conclusión da súa solicitude.

Se o usuario solicitante se negase ou non respondese, Pide un Mensaxeiro resérvase o dereito a iniciar as accións pertinentes pra se asegurar o cobro do servizo realizado máis o servizo ou servizos engadidos que supoñan as visitas repetidas e/ou devolución do paquete ou material á orixe.
No caso de que esta reclamación supoña gastos extraordinarios, como o pagamento de servizos a tercerios, estes gastos tamén serán responsabilidade do usuario solicitante.

Cancelación e Devolución

Debido á natureza dos nosos servizos e a propia inmediatez que o usuario precisa cando os contrata, as solicitudes de servizos abonadas só se poderán cancelar dentro dos 5 minutos seguintes á realización da solicitude.

O usuario solicitante deberá realizar a cancelación a través da mesma vía dende o seu panel de usuario da nosa web e é responsábel de se asegurar da devandita cancelación.

Se por cuestións alleas a Pide un Mensaxeiro e a esta web o usuario non pode realizar a cancelación, non se procederá á devolución aínda cando non se realizase o servizo se fose o caso.

No caso de cancelar o servizo dentro dos 5 primeiros minutos despois da solicitude, Pide un Mensaxerio procederá á devolución íntegra do pagamento nun prazo máximo de 7 días (pode tardar máis en aparecer reflexado nos movementos bancarios).

Para calquera dúbida ou consulta a este respecto podes escribirnos a través do formulario de contacto da web ou chamarnos utilizando o botón do teléfono ubicado ó pé (acarrea consumo de datos).