Transportes pra eventos
Especialicados no transporte de equipos musicais, ademais e opcionalmente, podemos realizarche labores de montaxe, de colocación e atención do merchandising e outras labores.
Por suposto, estamos acó pra escoitar as túas propostas, polo que podes contactarnos cando e polo que queiras.
Precisas axuda? Consúltanos!
A Coruña
-
Viaxes 12,40 €/ud
Unha viaxe dentro da Coruña (c.p. 15001 a 15011).
-
Tempo auxiliar 15,57 €/hora
Mínimo 1 hora, fraccionábel en medias horas. Estacionamento de tarifa, se aplica, non incluído.
Resto de Galiza
-
Viaxes 5 €/ubic. + 0,62 €/Km
Un prezo fixo por cada ubicación na que se realice carga/descarga + prezo por quilómetro percorrido en toda a ruta, incluidas todas as paradas e o retorno á Coruña. Peaxes, se aplican, non incluídas.
-
Tempo auxiliar 15,57 €/hora
Mínimo 1 hora, fraccionábel en medias horas. Estacionamento de tarifa e comidas, se aplican, non incluídos.
-
Almorzo 5,86 €/ud
Aplícase só se o tempo auxiliar é superior a 3 horas e conflúe total ou parcialmente co horario do almorzo (de 6:00 a 10:00 horas).
-
Xantar 8,19 €/ud
Aplícase só se o tempo auxiliar é superior a 3 horas e conflúe total ou parcialmente co horario do xantar (de 13:00 a 16:00 horas).
-
Cea 5,86 €/ud
Aplícase só se o tempo auxiliar é superior a 3 horas e conflúe total ou parcialmente co horario da cea (de 20:00 a 23:00 horas).
- Os prezos non inclúen I.V.E. (21 %).
- Servizo suxeito a dispoñibilidade.
- A quilometraxe nas rutas a fóra da Coruña debe incluir a volta.
- Orixe e fin pra rutas por Km: aparcadoiro do Pazo dos Deportes.
Deixámosche un par de recomendacións
FACENDO DÚAS VIAXES INDEPENDENTES Viaxe previa (levar): 129,00 € (5 € + 100 Km x 2 x 0,62 €) Viaxe despois do evento pra recoller: 129,00 € (5 € + 100 Km x 2 x 0,62 €) TOTAL : 258,00 € |
COMBINANDO UNHA VIAXE + TEMPO AUXILIAR Viaxe de ida + volta despois: 129,00 € (5 € + 100 Km x 2 x 0,62 €) Tempo auxiliar: 46,71 € (3 h x 15,57 €) TOTAL: 175,71 € |
Se tes máis dun evento o mesmo día ou unídesvos varias formacións, podes construír unha ruta que vos permita aforrar quilómetros en cada viaxe.
Por exemplo, un evento en Pontevedra (poñamos 135 Km) e outro en Compostela (poñamos 75 Km):
CADA VIAXE POR SEPARADO A Pontevedra: 172,40 € A Compostela: 98,00 € TOTAL: 270,40 € | UNHA VIAXE CON DÚAS PARADAS Ruta completa TOTAL: 179,26 € |
Neste caso compensaríache contratar unha soa viaxe coa parada extra, xa que aforras 91,14 €, cos que aínda poderías xogar se hai algunha marxe de tempo entre a hora dun punto e a doutro, engadindo tempo auxiliar.
Xoga con tódalas combinacións que che ofrecemos e escolle a que mellor che veña!
1
SOLICITAR ORZAMENTO
2
CONFIRMAR SERVIZO
3
SOLICITAR FACTURA
Dúbidas máis habituais
Nos apartados 1) Contacto, 2) Partida e 3) Destino, todos os campos son importantes pra poder realizar un orzamento realista, evitándoche molestias e contactos innecesarios.
Apartado 4) Detalles:
Hora de saída (ida). Cúbreo se queres que fagamos a viaxe de ida co teu material.
Hora de saída (volta). Cúbreo se queres que fagamos a viaxe de volta co teu material.
Tempo auxiliar (horas). Déixao en branco pra non engadir tempo auxiliar.
A túa solicitude responderase antes de 24 horas hábiles.
Se a data solicitada está dispoñíbel, resérvase durante 3 días naturais dende que recibas o orzamento, se realizas o pagamento máis tarde, non se garante a dispoñibilidade realizando a devolución do pagamento se procede.
Precisamos un teléfono de contacto operativo de cada ubicación do servizo na hora e data fixadas pra a nosa chegada.
IMPORTANTE: No caso de non poder contactar con ninguén por ausencia, non contestar, etc, agardamos un máximo de 10 minutos dende a chegada. Se non é posíbel realizar a carga/descarga, retornamos á orixe; non se realiza devolución total nin parcial do servizo e requiriríase o abono dun novo servizo no caso de querer que volvamos.
Unha vez nos confirmes que desexas realizar o servizo connosco recibirás un correo electrónico coa ligazón pra o pagamento con tarxeta ou o número de conta pra transferencia bancaria, segundo elixiras.
Será no momento de recibir o pagamento cando se formalice a reserva da data e horas solicitadas e non antes. Conta con que as transferencias poden tardar ata 24 horas hábiles e retrasar todo o proceso.
No caso de querer cancelar a túa reserva, podes facelo:
– De balde (menos gastos de xestión: 2,50 %), ata o sétimo día natural previo á data reservada.
– Abonando o 30 % do importe os seis días inmediatamente anteriores á data reservada.
– Abonando o 85 % do importe o día da data reservada ata dúas horas antes da hora de partida; cancelando despois desa hora ou se non se realiza o servizo por causas alleas a pum, non se realizará abono parcial nin total do servizo.
Se realizas o pagamento con tarxeta na nosa web realizarase a factura cos datos facilitados durante o rexistro.
Podes indicar alí os datos fiscais ós que desexas que se emita a factura.
Se fas o pagamento por transferencia bancaria, precisamos que nos envíes os datos de facturación a través do formulario de solicitude de factura.
IMPORTANTE: Indica a referencia que recibiches por correo electrónico a fin de relacionar o pagamento co servizo correspondente.
O tempo auxiliar é todo aquel tempo que estamos contigo que non é viaxe.
Por exemplo: Se queres que che axudemos na montaxe, na desmontaxe, co merchan ou simplemente que esteamos alí por se precisas algo.
Temos base na Coruña e pra facerche máis doadas as contas decidimos establecer unha tarifa plana.
Facer isto pra o resto de Galiza co variábeis que poden ser as distancias sería imposíbel e, sobre todo, moi inxusto na meirande parte dos casos.
Por suposto!
Só tes que achegarnos os datos fiscais e o enderezo de correo electrónico no que desexes recibila.
Pra o cálculo das rutas fóra da Coruña, utilizamos como punto de referencia de partida e chegada o aparcadoiro do Pazo dos Deportes de Riazor.
Tamén usamos esta ubicación como punto de encontro se ti o prefires.
As peaxes calcúlanse de acordo ás estipuladas por cada operadora de Autoestradas, por exemplo da AP-9 ou AG-55 e AG-57.