Saltar ao contido

Política de Privacidade

Última actualización: 27 de xuño do 2.022.

DATOS IDENTIFICATIVOS DO RESPONSÁBEL DO TRATAMIENTO

Responsábel do tratamento: Decontado Delivery Services, SL
NIF: B16947137
Enderezo postal: Salvador Allende, 6bis L4. 15011, A Coruña
Teléfono: 981265121
Actividade: Empresa de mensaxería

INFORMACIÓN A USUARIOS DA PÁXINA WEB E CONSENTIMENTO 

De acordo co indicado no Regulamento Europeo de Protección de Datos (UE) 2016/679 e coa Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (ES), coa aceptación da presente política de privacidade o usuario manifesta o seu consentimento expreso, ceibe, informado e inequívoco pra que os datos persoais que puidese proporcionar a través das vías de contacto e formularios dispostos na web sexan incorporados ós arquivos do responsábel do sitio web. O responsábel do tratamento informa ós interesados que, tal e como a normativa vixente aplicábel establece, foron aplicadas ás actividades de tratamento de datos persoais realizadas as correspondentes medidas de seguirdade técnicas e organizativas, que se implementaron logo de se realizar a pertinente análise de riscos.

DATOS PERSONAIS RECOLLIDOS NA WEB

A través da páxina web recollemos únicamente datos identificativos do usuario pra poder contactar e xestionar as consultas e/ou solicitudes de información ou relacionadas coa prestación dos servizos desenvolvidos por el responsábel.

Os datos persoais recollidos serán tratados coas seguintes bases de lexitimación
-O consentimento do usuario en relación co contacto e a xestión das solicitudes de información, de cita ou de servizos realizadas a través de formularios web e dos datos e vías de contacto habilitados, o arquivo dos CV recibidos e o envío de comunicacións comerciais ou publicitarias, vía mail, cookies ou sistemas de mensaxería;
-A execución dun contrato ou dun acordo de prestación de servizos e o cumplimento das obrigas legais e respecto dos tratamentos de información con datos persoais que estivesen fornecidas nesas bases de lexitimación.

FINALIDADE DO TRATAMENTO DOS DATOS PERSOAIS RECOLLIDOS

Os datos persoais recollidos polo responsábel do tratamento a través dos medios de contacto habilitados no sitio web serán tratados con finalidades específicas en cada caso e de acorodo co indicado a continuación.

Datos obtidos a través das vías de contacto habilitadas no sitio web: existe un formulario e un teléfono de contacto pra realizar consultas, peticións de cita ou de servizos, suxestións, queixas ou pra o contacto profesional co responsábel. Neste caso usarase o teléfono ou o correo electrónico coa finalidade de responder ás solicitudes recibidas e enviar a información requerida polo usuario a través dos medios de contacto indicados na web, e só serán solicitados e recollidos os datos estrictamente precisos pra atender ó concretamente solicitado polo usuario.

Datos facilitados pra a recepción de comunicacións comerciais: neste caso os datos proporcionados polo usuario serán utilizados pra xestionar o envío de información relacionada con comunicacións comerciais ou promocionais que este solicitase expresamente con carácter previo, así como coa fin de facilitar a revocación do consentimento facilitado polo usuario, ou a súa oposición ó tratamento dos seus datos cas fins indicadas.

Con motivo da prestación dos servizos e contidos ofrecidos a través do sitio web, Decontado Delivery Services, SL podería solicitar nalgún momento datos persoais ó usuario mediante formularios ou outros medios de contacto, en cuxo caso será de aplicación o indicado nesta Política de Privacidade.

TEMPO DE CONSERVACIÓN DOS DATOS PERSOAIS RECOLLIDOS

Os datos persoais facilitados ó responsábel do tratamento serán conservados polo menos e con carácter xeral mentres se precise dos mesmos pra atender as solicitudes de información recibidas e mentres se manteña a relación de prestación de servizos e/ou se precise dos datos pra o desenvolvemento das actividades e a execución dos servizos solicitados, e en tanto non sexa solicitada a supresión dos mesmos ou revocado o consentimento previamente outorgado polos interesados.

Respecto ós datos persoais facilitados polos interesados aplicaranse os prazos de prescrición específicos previstos en cada caso, cun prazo xenérico de cinco anos para as accións persoais sen prazo especial, de seis anos pra facturas e libros de contabilidade e de dez anos en relación co disposto la Lei de Prevención do Branqueamento de Capitais e Financiación do Terrorismo (art.25) (ES).

BASE DE LEXITIMACIÓN QUE NOS PERMITE TRATAR OS DATOS RECOLLIDOS

A base legal de lexitimación que nos permite realizar o tratamento dos datos persoais recollidos a través da web está fundamentada, no que se refire ó envío de formularios de contacto con solicitudes de información, de citas ou de servizos, no consentimento expreso e informado do interesado ou do seu representante recabado e outorgado de acordo coas condicións indicadas no art.7 do Regulamento Europeo de Protección de Datos, segundo o que os interesados terán dereito a retirar en calquera momento ese consentimento. O responsábel informa que os datos solicitados a través dos formularios web serán os estrictamente precisos pra atender a consulta ou petición concreta formulada polo interesado.

Respecto da contratación de servizos a base de lexitimación fornecerase na execución de contratos ou acordos nos que o interesado é parte e na adopción de medidas precontractuais, e no cumplimento de obrigas legais aplicábeis ó presonsábel do tratamento.

DEREITOS QUE PODEN EXERCER QUEN NOS FACILITAN OS SEUS DATOS

De acordo co indicado no Regulamento Europeo de Protección de Datos (UE) 2016/679 e na Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (ES), os interesados terán dereito a obter confirmación sobre se Decontado Delivery Services, SL está tratando datos persoais que lle concernen ou non, así como a exercer os dereitos recoñecidos sobre os seus datos.

Os interesados terán dereito concretamente a:
-Solicitar o acceso ós datos persoais que lle concernen
-Solicitar a rectificación ou supresión dos datos
-Solicitar a cancelación dos datos
-Solicitar a limitación do tratamento dos datos
-Oporse ó tratamento dos seus datos
-Solicitar a portabilidade dos seus datos

No caso de que o interesado outorgase o seu consentimento pra algunha finalidade concreta, terá dereito a retirar en calquera momento o consentimento previamente outorgado, e sen que elo afecte á licitude dos tratamentos baseados no consentimento outorgado previamente á súa retirada.

Se os interesados consideran que non tratamos os seus datos persoais de acordo coa normativa de referencia indicada, e se entenden que non satisfixemos a súa solicitude de exercizó de dereitos, poderán presentar se o desexan unha reclamación ante a Axencia Española de Portección de Datos como autoridade de control nacional no enderezo da organización na rúa Jorge Juan, 6, 28001, Madrid, ou nas vías de contacto indicadas na páxina web da institución (www.agpd.es), incluindo a sede electrónica.

Pra o exercizo de todos os dereitos antes indicados os interesados poderán dirixirse ós enderezos de contacto arriba indicados pra solicitar o formulario de solicitude disposto polo responsábel a tal efecto no cumplimento das súas obrigas legais, formulario que o interesado deberá acompañar cando sexa presentado ou enviado dunha copia do seu DNI ou documento equivalente acreditativo da súa identidade e a do seu representante no seu caso.

O exercizo dos dereitos será gratuito, puidendo ser entregada a solicitude en man ou enviada por correo postal ou por correo electrónico ós enderezos de contacto indicados.

O responsábel informa ós interesados que estableceu e implementou protocolos e medidas específicos pra o cumprimemto da normativa de protección de datos do Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello (Regulamento Xeral de Protección de Datos) e da Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais.

DESTINATARIOS ÓS QUE SE PODERÍAN COMUNICAR OS DATOS DO USUARIO

Os datos persoais proporcionados polos usuarios só serán tratados con carácter xeral polo responsábel da actividade e polo persoal laboral propio e os colaboradores autónomos autorizados que se puidese ter contratados.

Algunhas ferramentas que utiliza a web pra xestionar datos foron contratadas a terceiros con motivo da prestación dos servizos desenvolvidos por estes e que son precisos pra a actividade do responsábel.

Poderían ter acceso de xeito ocasional á web a empresa de desenvolvemento ou de mantemento da propia web ou a de hosting, cos que en calquera caso se formalizaou o correspondente contrato de prestación de servizos que lles obriga a manter o adecuado nivel de privacidade.

En calquera caso só se realizarán con carácter xeral cesións de datos a terceiros nos supostos de obriga legal, como as cesións realizadas a Autoridades e Administracións Públicas, ou cando elo fose preciso pra posibilitar o desenvolvemento dos servizos de mensaxería e/ou os servizos contratados a provedores externos, incluidos bancos e entidades financeiras pra a xestión de cobros e pagamentos, mutuas e aseguradoras, partners de mensaxería e os encargados do tratamento, sempre neste caso dentro do marco previsto no contrato de encargado do tratamento formalizado entre o responsábel e os encargados contratados e con acceso limitado á información con datos básicos. O responsábel comprométese en todo caso a informar ós interesados acerca da necesidade de realizar cesións extraordinarias de datos a terceiros pra xestionar a prestación de servizos ó efecto de que os interesados poidan manifestar o seu consentimento pra a cesión de datos como requisito previo pra que esta se leve a cabo.

No caso das transferencias internacionais de datos derivadas da utilización de ferramentas ou provedores de servizos, realizaranse baixo o amparo dos convenios e acordos internacionais vixentes en cada momento, que garanten que as empresas de sofwtare norteamericanas e de países de fóra da UE cumpren coas políticas de protección de datos europeas en materia de privacidade, segredo e seguridade dos datos.

SECREDO E SEGURIDADE DOS DATOS

Decontado Delivery Services, SL comprométese no uso e tratamento adecuado dos datos persoais dos usuarios, respectando a súa confidencialidade e a usar estes de acorodo coa finalidade do devandito tratamento, así como a dar cumprimento á súa obriga de gardar os datos e de adoptar todas as medidas dispostas pra evitar a alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado e de acordo co establecido na normativa de protección de datos vixente.

Esta web inclue un protocolo de seguridade que fai que os teus datos viaxen de xeito íntegro e seguro, é dicir: a transimisión dos datos entre un servidor e un usuario da web e, en retroalimentación, é totalmente cifrada ou encriptada.

O responsábel non pode garantir a absoluta inexpugnabilidade da rede de Internet e polo tanto a violación dos datos mediante accesos fraudulentos a eles por parte de terceiros.

Respecto á confidencialidade do procesamento dos doatos, Decontado Delivery Services, SL asegurarasé de que calquera persoa que estea autorizada pra procesar os datos dos interesados e/ou usuarios, incluindo o persoal, os colaboradores e os provedores, estea baixo a correspondente obriga de confidencialidade, ben sexa legal ou contractual.

Cando se produza algún incidente de seguridade, unha vez Decontado Delivery Services SL teña coñecemento do omesmo notificarao sen demoras indebidas ó interesado e proporcionará a información oportuna relacionada co incidente de seguridade e en todo caso sempre que o cliente o solicite dun xeito razoábel.

EXACTITUDE E VERACIDADE DOS DATOS

O usuario é o único responsábel da veracidade e correción dos datos persoais que remita ou envíe a través de www.pum.gal, exonerando a Decontado Delivery Services, SL de calquera responsabilidade ó respecto. Os usuarios garanten e responden, en calquera caso, da exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais facilitados e se comprometen a mantelos debidamente actualizados. O usuario acepta proporcionar información completa e correcta no formulario de contacto.

TROCOS NA POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Decontado Delivery Services, SL resérvase o dereito a modificar a presente política de privacidade pra adaptala ás novidades lexislativas ou xurisprudenciais, así como ás prácticas do sector. Nestes casos anunciaranse na páxina web os trocos coa debida antelación antes da súa posta en práctica.