Saltar ao contido

somos coruña, proximidade, tecido

En pum cremos que a mensaxería non é só levar paquetes, senón conectar persoas, negocios e historias. Nacemos e medramos na Coruña e iso nótase: coñecemos cada rúa, cada recuncho, cada urxencia. Por iso, ofrecemos un servizo áxil, humano e comprometido coa nosa contorna.

a nosa promesa

velocidade con sentidiño
Entregamos en minutos na Coruña e bisbarra, e no mesmo día no resto da Galiza.

fiabilidade total
Acumulamos o 100% dos servizos entregados con éxito e o 99,3% no prazo comprometido.

proximidade real
Somos un equipo local, comprometido co tecido empresarial e social da cidade.

tecnoloxía útil
Seguimento en tempo real, aplicación para partners e solucións adaptadas a cada cliente.

o que nos move

confianza
Coidamos cada envío coma se fose noso. Facemos o imposíbel por non fallarche, nunca.

compromiso
Adaptámonos ás túas necesidades, sexas particular ou empresa.
Somos conscientes de que nós somos a imaxe do teu negocio, facemos equipo contigo para que o teu valor aumente.

sostibilidade
Apostamos por unha mensaxería responsábel e respectuosa coa nosa contorna.

innovación
Melloramos cada día para ofrecerche o mellor servizo posíbel.

somos máis ca mensaxeiros

En pum, cada entrega é unha oportunidade para demostrar que a mensaxería pode ser diferente: máis humana, máis próxima, máis nosa.

Entregamos paquetes, mensaxes e tamén valores: defendemos o uso do galego en tódolos espazos da vida cotiá, porque é parte do que somos.
Apostamos por unha sociedade diversa e ceibe, onde cada persoa poida ser e vivir con dignidade e respecto durante todo o ano.
Comprometémonos cunha mensaxería inclusiva, segura e orgullosamente plural.