Eclipse Total de Sol · A Coruña · 12 agosto 2026
O ceo apágase.
A Coruña mira.
O 12 de agosto de 2026, A Coruña será un dos primeiros puntos da Península Ibérica en vivir unha eclipse total de Sol. Un fenómeno coma este non se repetirá na Coruña ata o ano 2627. E en pum queremos que o vivas con seguridade.
Conta atrás para o máximo da eclipse na Coruña: 20:28 h (hora oficial peninsular)
A Coruña, primeira capital da Península en ver a totalidade.
A franxa de totalidade da eclipse entra pola costa galega e A Coruña é a primeira capital de provincia española que quedará completamente na sombra da Lúa. Durante 76 segundos, o Sol desaparecerá por completo no horizonte oeste, a só 12 graos de altura sobre o mar.
É a primeira eclipse total visible dende a Península Ibérica en máis dun século. A seguinte non chegará así á nosa cidade ata o 2627. Unha oportunidade única na vida.
Os números do gran momento
Lentes homologados para ver a eclipse.
De balde, para os clientes pum.
Protectores solares certificados ISO 12312-2
Lentes de observación solar con filtro de densidade neutra que bloquea o 99,99 % da luz visible e o 100 % da radiación ultravioleta e infravermella. Certificados por CCQS Certification Services Limited (organismo notificado nº 2834) e conformes coa normativa europea de EPI (Regulamento 2016/425).
Catro cousas que debes saber
Inspecciona antes de usar
Revisa os lentes cada vez que os uses. Desbótaos se están rabuñados, perforados ou separados do marco. Non uses lentes danados.
Máximo 3 minutos seguidos
Limita o uso a 3 minutos continuos. Asegúrate de que os lentes cubren completamente os ollos antes de mirar ao Sol.
Supervisa os nenos
En nenos, o uso debe ser sempre supervisado por un adulto. Non usar con telescopios, prismáticos nin ningún dispositivo óptico.
Só durante a totalidade podes quitalos
Unicamente durante os 76 segundos de eclipse total podes observar sen lentes. En calquera outro momento, son obrigatorios.
A túa seguridade primeiro
- Non mires ao Sol en ningún momento sen protección ocular especial homologada.
- A visión directa do Sol pode causar lesións permanentes e incluso cegueira irreversible.
- Non usar con ollos enfermos nin tras cirurxía ocular recente sen consultar ao médico.
- Non conducir nin usar maquinaria mentres os levas postos.
- Non usar con telescopios, binoculares nin dispositivos ópticos de ningún tipo.
- Desbotar e non usar despois de 3 anos dende a data de fabricación.
- Os lentes de Sol convencionais NON protexen para a observación solar directa.
- Limpa só cun pano suave e seco. Non usar produtos químicos nin auga.
Un detalle de pum
para un momento único.
Porque vivimos A Coruña cada día, queremos que vivas este eclipse con seguridade.
É o noso xeito de darche as GRAZAS pola túa confianza día a día.