Saltar ao contido

Aviso Legal

Última actualización: 27 de xuño do 2022.

INTRODUCIÓN

Neste texto legal o usuario da web poderá atopar a información que lle permitirá identificar ó responsábel da mesma, así como a información relativa ó sitio web e ás actividades desenvolvidas polo responsábel do mesmo.

IDENTIFICACIÓN DO RESPONSÁBEL DA PÁXINA WEB

Dacorodo co indicado na Lei española 34/2002 de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE), pomos a seguinte información ó dispor do usuario da web:
Identidade do responsábel da web: Decontado Delivery Services, SL
Nome comercial: PuM : Pide un Mensaxeiro
NIF: B16947137
Actividade desenvolvida: Empresa de mensaxería

DATOS PERSOAIS QUE RECOLLE A WEB

Respecto á política de protección de datos aplicada polo responsábel da web en relación coa información e cos datos persoais que puideran ser factilitados polos usarios do sitio a través das vías de contacto habilitadas, rexistro de usuario ou compras, pódese ler pra máis información, o indicado na Política de Privacidade.

COMPROMISOS E OBRIGAS DOS USUARIOS

O usuario da web queda informado e acepta que o simple acceso á presente páxina web non supón o inicio dunha relación de prestación de servizos con Decontado Delivery Services, SL. O usuario comprométese a utilizar o sitio web e os seus servizos e contidos sen vulnerar a lexislación vixente aplicábel, a boa fe e a orde pública.

Queda prohibido o uso da web con fins ilícitas ou lesivas, ou que de calquera xeito puideran causar perxuízo ou impedir o normal funcionamento do sitio web. Respecto dos contidos da web, prohíbese concretamente:
-A súa reprodución, distribución ou modificación, total ou parcial, agás que se conte coa autorización expresa do responsábel como lexítimo titular.
-Calquera vulneración dos dereitos do prestador ou do responsábel como lexítimo titular.
-A súa utilización pra fins comerciais ou publicitarias.

Na utilización da web www.pum.gal o usuario comprométese a non levar a cabo ningunha conduta que puidera danar a imaxe, as intereses e os dereitos de Decontado Delivery Services, SL ou de terceiros ou que puidera danar, inutilizar ou sobrecargar o portal ou que impedise, de calquera xeito, a normal utilización da web.

O usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade dos sistemas informáticos en Internet non son completamente fiábeis e que www.pum.gal non pode garantir a inexistencia de malware ou outros elementos na rede que poidan producir alteracións nos sistemas informáticos (software e hardware), do usuario ou nos seus documentos electrónicos e arquivos contidos nos mesmos, aínda que o responsábel dispuxo os medios precisos e as medidas de seguridade oportunas pra evitar a presencia destes elementos danosos.

MEDIDAS DE SEGURIDADE

Os datos persoais que puideran ser comunicados a través do sitio web polo usuario poderían ser almacenados en bases de datos automaztizadas ou non, cuxa titularidade corresponde a Decontado Delivery Services, SL, que asumiu todas as medidas de índole técnica, organizativa e de seguridade que garanten a confidencialidade, integridade e calidade da información contida nas mesmas e de acordo co indicado na normativa vixente aplicábel en materia de protección de datos.

A comunicación entre os usuarios e www.pum.gal utiliza unha canle segura e os datos transmitidos son cifrados grazas a protocolos https. Garántense polo tanto as mellores condicións de seguridade pra que a confidencialidade dos usuarios estea garantida en todo momento.

LIGAZÓNS EXTERNAS

A páxina web www.pum.gal podería habilitar ligazóns a outros sitios, redes sociais, canles, páxinas web e contidos que son propiedade de terceiros. O único obxectivo das ligazóns que se puideran habilitar a outros sitios ou redes sociais é proporcionar unha utilidade ó usuario cunha finalidade exclusivamente informativa e a posibilidade de acceder ós perfís profesionais que puidese ter o titular nas redes sociais, no caso das ligazóns das mesmas. Decontado Delivery Services, SL non se responsabiliza en ningún caso dos resultados que se puideran derivar pra o usuario con motivo do acceso ás devanditas ligazóns. a información que se puidese proporcionar nas ligazóns indicadas está suxeita ós avisos legais e ás políticas de privacidade que se utilicen nos devanditos sitios web, redes sociais e canles e non está suxeita ó aviso legal e á política de privacidade desta web. Por esta razón, recomnedamos ó usuario que pra máis información revise detalladamente os avisos legais e políticas de privacidade propias e específicas das redes, canles e sitios web ligados.

Calquera ligazón doutros sitios con esta páxina web requerirá da autorización expresa e formal do titular e propietario do portal www.pum.gal.

PLATAFORMA PRA A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS

O responsábel pon ó dispor dos usuarios a plataforma de resolución de litixios que facilita a Comisión Europea e que se atopa dispoñíbel na seguinte ligazón: http://ec.europa.eu/consumers/odr/

EXCLUSIÓN DE GARANTÍAS E RESPONSABILIDADE

Decontado Delivery Services, SL non outorga ningunha garantía nin se fai responsábel, en ningún caso, dos danos e perxuízos de calquera natureza que puideran vir causados por:
-A falla de dispoñibilidade, mantemento e efectivo funcionamento da páxina web ou dos seus servizos e contidos;
-A existencia de malware, programas maliciosos ou lesivos dos contidos;
-O uso ilícito, neglixente, fraudulento ou contrario a este Aviso Legal;
-A falla de licitude, calidade, fiabilidade, utilidade e dispoñibilidade dos servizos prestados por terceiros e postos ó dispor dos usarios no sitio web;
-O prestador non se fai responsábel baixo ningún concepto dos danos que puideran dimanar do uso ilegal ou indebido da presente páxina web.

LEI APLICÁBEL E XURISDICIÓN

As relacións entre Decontado Delivery Services, SL e os usuarios dos seus servizos telemáticos presentes nesta web atópanse suxeitas con carácter xeral á lexislación e xurisdición españolas e ós tribunais de A Coruña. Pra calquera dúbida ou consulta sobre as presentes condicións legais, os usuarios poden contactar a través da páxina de contacto deste sitio.