Saltar ao contido

Termos e condicións

Última actualización: 27 de xuño do 2.022.

1. Introdución

Estes Termos e condicións aplícanse a este sitio web e ás transaccións relacionadas cos nosos produtos e servizos. Vostede pode estar obrigado por contratos adicionais relacionados coa súa relación connosco ou con calquera produto ou servizo que reciba de nós. Se algunha das disposicións dos contratos adicionais entra en conflito con algunha das disposicións destas Condicións, as disposicións destes contratos adicionais prevalecerán.

2. Vencellamento

Ó se rexistrar neste sitio web, acceder a el ou utilizalo de calquera outro xeito, vostede acepta someterse ás condicións que se expoñen a continuación. O mero uso deste sitio web implica o coñecemento e a aceptación destes Termos e condicións. Nalgúns casos particulares, tamén podemos pedirlle que o acepte explícitamente.

3. Comunicación electrónica

Ó utilizar este sitio web ou se comunicar connosco por medios electrónicos, vostede acepta e recoñece que podemos comunicarnos con vostede electrónicamente no noso sitio web ou enviarlle un correo electrónico, e acepta que todos os acordos, avisos, divulgacións e outras comunicacións que lle proporcionemos electrónicamente satisfacen calquera requisito legal, incluido, entre outros, o requisito de que as devanditas comunicacións sexan por escrito.

4. Propiedade intelectual

Nós ou os nosos licenciantes posuímos e controlamos todos os dereitos de autor e outros dereitos de propiedade intelectual no sitio web, e os datos, a información e outros recursos amosados por ou accesíbeis dentro do sitio web.

4.1. Creative Commons

O contido deste sitio web está dispoñíbel baixo unha licenza Creative commons – Sen derivados, agás que se especifique o contrario.

5. Propiedade de terceiros

O noso sitio web pode incluir ligazóns ou outras referencias a sitios web de terceiros. Non controlamos nin revisamos o contido dos sitios web de terceiros ós que se accede dende este sitio web. Os produtos ou servizos ofrecidos por outros sitios web estarán suxeitos ós Termos e condicións aplicábeis deses terceiros. As opinións expresadas no material que aparece nos sitios web non son necesariamente compartidas ou respaldadas por nós.

Non seremos responsábeis das prácticas de privacidade ou do contido destes sitios. Vostede asume todos os riscos asociados ó uso destes sitios web e de calquera servizo de terceiros relacionado. Non aceptamos ningunha responsabilidade por calquera perda ou dano, sexa cal sexa o xeito no que se produza, que resulte da divulgación pola súa parte de información persoal a terceiros.

6. Uso responsábel

Ó visitar o noso sitio web, vostede comprométese a utilizalo só para as fins previstas e segundo o permitido nestes Termos, calquera contrato adicional connosco, e aplicábeis leis, regulamentos e prácticas en liña xeralmente aceptadas e directrices da industria. Non debe usar o noso sitio web ou os nosos servizos para utilizar, publicar ou distribuir calquera material que consista en (ou esta vencellado a) software informático malicioso; utilizar os datos recollidos no noso sitio web para calquera actividade de publicidade directa ou levar a cabo calquera actividade de recompilación de datos sistemática ou automatizada en ou en relación co noso sitio web.

Está estrictamente prohibido realizar calquera actividade que provoque ou poida provocar danos no sitio web ou que interifra no seu funcionamento, dispoñibilidade ou accesibilidade.

7. Rexistro

Pode rexistrarse para obter unha conta no noso sitio web. Durante este proceso é posíbel que se lle pida que elixa un contrasinal. Vostede é responsábel de manter a confidencialidade dos contrasinais e a información da conta e comprométese a non compartir os seus contrasinais, a información da conta ou o acceso seguro ó noso sitio web ou servizos con ningunha outra persoa. Non debe permitir que ningunha outra persoa use a súa conta para acceder ó sitio web porque vostede é responsábel de todas as actividades que ocorren a través do uso dos seus contrasinais ou contas. Debe notificarnos inmediatamente se ten coñecemento da divulgación do seu contrasinal.

Despois da cancelación da súa conta, vostede non tentará rexistrar unha nova conta sen o noso permiso.

8. Envío de ideas

Non envíe ideas, inventos, traballos de autoría ou outra información que poida considerarse da súa propiedade intelectual e que lle gustaría presentarnos, agás que primeiro asinásemos un acordo con respecto á propiedade intelectual ou un acordo de non divulgación. Se nolo comunica en ausencia do devandito acordo por escrito, concédenos unha licenza mundial, irrevocábel, non exclusiva e ceibe de dereitos de autor para utilizar, reproducir, almacenar, adaptar, publicar, traducir e distribuir o seu contido en calquera medio existente ou futuro.

9. Terminación de uso

Podemos, á nosa enteira discreción, modificar ou interromper en calquera momento o acceso, temporal ou permantente ó sitio web ou a calquera ervizo do mesmo. Vostede acepta que non seremos responsábeis ante vostede nin ante ningún terceiro por calquera modificación, suspensión ou interrupción do seu acceso ó uso do sitio web ou de calquera contido que puidera compartir no sitio web. Vostede non terá dereito a ninunha compensación nin a ningún outro pagamento, nin sequera se se perden de xeito permanente determinadas funcións, configuracións e/ou calquera Contido co que contribuíse ou o que confiase. Non debe eludir ou evitar ou tentar eludir ou evitar, calquera medida de restrición de acceso no noso sitio web.

10. Garantías e responsabilidade

Nada do disposto nesta sección limitará ou excluirá calquera garantía implícita pola lei que fose ilegal limitar ou excluir. Este sitio web e todo o seu contido proporciónanse “tal cal” e “segundo dispoñibilidade” e poden incluir inexatitudes ou erros tipográficos. Renunciamos expresamente a toda garantía de calquera tipo, xa sexa expresa ou implícita, en canto á dispoñibilidade, precisión ou integridade do Contido. Non garantizamos que:

  • este sitio web ou os nosos produtos ou servizos cumplirán cos seus requisitos;
  • este sitio web estará dispoñíbel de xeito ininterrompido, oportuno, seguro e sen erros;
  • a calidade de calquera produto ou servizo adquirido ou obtido por vostede a través deste sitio web satisfará as súas expectativas.

Nada do contido neste sitio web constitúe ou pretende constituir un asesoramento xurídico, financeiro ou médico de ningún tipo. Se precisa asesoramento debe consultar a un profesional adecuado.

As seguintes disposicións desta sección aplicaranse na medida máxima permitida pola lei aplicábel e non limitarán nin excluirán a nosa responsabilidade con respecto a calquera asunto que sería ilícito ou ilegal para nós limitar ou excluir a nosa responsabilidade. En ningún caso seremos responsábeis de calquera dano directo ou indirecto (incluindo calquera dano por perda de beneficios ou ingresos, perda ou corrupción de datos, software ou base de datos, ou perda ou dano da propiedade ou ós datos), incurridos por vostede ou por calquera terceiro que xurda do seu acceso ou uso do noso sitio web.

Agás na medida en que calquera contrato adicional estableza expresamente o contrario, a nosa responsabilidade máxima hacia vostede por todos os danos que xurdan ou estean relacionados co sitio web ou con calquera produto ou servizo comercializado ou vendido a través do sitio web, independentemente do xeito de acción legal que impoña a responabilidade (xa sexa por contrato, equidade, neglixencia, cunduta intencionada, agravio ou calquera outra), limitarase a tres euros (3,00 €). O devandito límite aplicarase no conxunto de todas as súas reclamacións, accións e causas de acción de calquera tipo e natureza.

11. Privacidade

Para acceder ó noso sitio web e/ou servizos, é posíbel que se lle pida que proporcione certa información sobre vostede como parte do proceso de rexistro. Vostede comprométese a que toda a información que proporcione sexa sempre precisa, correcta, veraz e actualizada.

12. Restricións á exportación / Cumplimento legal

Prohíbese o acceso ó sitio web dende territorios ou países onde o Contido ou a merca de produtos ou servizos vendidos no sitio web é ilegal. Non se pode utilizar este sitio web infrinxindo as leis e regulamentos de exportación de España.

13. Asignación e cesións

Vostede non pode ceder, transferir ou subcontratar ningún dos seus dereitos e/ou obrigas en virtude destes Termos e condicións, na súa totalidade ou en parte, a ningún terceiro sen o noso consentimento previo por escrito. Calquera suposta cesión en violación desta Sección será nula e sen efecto.

14. Incumprimentos destes Termos e condicións

Sen perxuízo dos demais dereitos que nos asisten en virtude dos presentes Termos e condicións, se vostede incumpre estes Termos e condicións de calquera xeito, poderemos tomar as medidas que consideremos oportunas para facer fronte ó incumprimento, incluindo a suspensión temporal ou permanente do seu acceso ó sitio web, póndonos en contacto co seu proveedor de servizos de Internet para solicitarlle que bloquee o seu acceso ó sitio web e/ou iniciar accións legais contra vostede.

15. Forza maior

Agás no caso das obrigas de pagamento de diñeiro, ningún retraso, fallo ou omisión por parte de calquera das partes no cumprimento ou a observancia de calquera das súas obrigas en virtude do presente documento considerarase un incumprimento destes Termos e condicións se e mentres, dito retraso, fallo ou omisión se deba a unha causa máis aló do control razoable da devandita parte.

16. Indemnización

Vostede comprométece a indemnizarnos, defendernos e eximirnos de toda reclamación, responsabilidade, danos, perdas e gastos, relacionados coa violación destas condicións e das leis aplicábeis, incluidos os dereitos de propiedade intelectual e os dereitos de privacidade. Vostede nos reembolsará sen demora os danos, perdas, custos e gastos relacionados coas devanditas reclamacións ou derivados delas.

17. Renuncia

O incumprimento de calquera das disposicións establecidas nestes Termos e condicións e en claquera Acordo, ou falta de exercizo de calquera opción de interrupción, non se interpretará como unha renuncia ás devanditas disposicións e non afectará á validez destes Termos e condicións ou de calquera Acordo ou calquera parte do mesmo, nin ó dereito posterior de facer cumprir todas e cada unha das disposicións.

18. Idioma

Estes Termos e condicións interpretaranse e analizaranse exclusivamente en galego e español. Todas as notificacións e a correspondencia redactaranse exclusivamente nestes idiomas.

19. Acordo completo

Estes Termos e condicións, xunto coa nosa política de servizo, cancelación e devolución, a nosa política de privacidade e a nosa política de cookies constitúen o acordo completo entre Decontado Delivery Services, S.L. e vostede en relación co uso por parte de vostede desta web.

20. Actualización dos presentes Termos e condicións

É posíbel que actualicemos estes Termos e condicións de cando en vez. A data indicada ó comezo destas condicións xerais é a última data de revisión. Notificarémoslle por escrito calquera troco ou actualización e os Termos e condicións revisados entrarán en vigor a partir da data na que lle enviemos a devandita comunicación. O uso continuado deste sitio web trala publicación de trocos ou actualizacións considerarase un aviso da súa aceptación de cumplir e estar suxeito por estes Termos e condicións. Para solicitar unha versión anterior destes Termos e condicións, póñase en contacto connosco.

21. Elección de lei e xurisdición

Estes Termos e condicións rexiranse polas leis de España. Calquera disputa relacionada con estes Termos e condicións estará suxeita á xurisdición dos tribunais de A Coruña. se un tribunal ou outra autoridade considera que algunha parte ou disposición destes Termos e condicións é invlálida e/ou inaplicábel en virtude da lexislación vixente, a devandita parte ou disposición será modificada, eliminada e/ou aplicada na maior medida permitida para facer efectiva a intención destes Termos e condicións. As demais disposicións non se verán afectadas.

22. Información do contacto

Este sitio web é propiedade e está xestionado por Decontado Delivery Services, S.L.

Podes contactar connosco en relación a estes Termos e condicións escribíndonos a través do formulario de contacto da web.